Os nenos e nenas de 5ºC visitaron a Radio municipal para recomendar a obra do escritor Manuel Rivas, "Bala perdida". Está ilustrada por Miguelanxo Prado e foi publicada pola editorial Alfaguara.
Bala Perdida é un
capitán pirata que vai acompañado dun corvo e dun grupo de valentes mariñeiros. Rosa
Ribeiro é unha nova e atrevida xornalista que dirixe o Celtic News, un xornal
moi peculiar, baixo o pseudónimo de Ganso Salvaxe.
Bala Perdida necesita que Rosa escriba
no seu xornal un artigo relatando a verdadeira historia dun tesouro maldito. Ela acepta a misión, pero o malvado Herr Doktor tratará de impedirllo por
todos os medios. Conseguirao?