ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI

Os nenos e nenas de 5ºA  recomendan a lectura de FORMIGAS: MISIÓN BARCELONA de Pere Tobaruela e con ilustracións de Andrés Meixide. Está publicado por Xerais.

O libro pertence a unha colección que protagoniza un equipo de investigadores que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.

Nesta ocasión terán que traballar en Barcelona o día de San Jordi para evitar que o Doutor Palmau poña en marcha un plan co que quere conseguir que ninguén volva a ler un libro nunca máis.