A escritora Ledicia Costas volveu ao noso colexio para ter un encontro na biblioteca cos alumnos e alumnas de sexto de primaria.
Esta vez faloulles do "Esmeraldina, a pequena defunta", libro que leron todos/as este curso e que nos recomendaron nun dos programas da animación á lectura na Radio Municipal de Tui.
(Se
pulsades na imaxe poderedes volver a escoitar o programa.)
Ledicia contou varias anécdotas do seu traballo. Tamén da súa vida e da súa familia, que, para ela, son fonte de inspiración.
Despois de responder ás preguntas que quixeron facerlle os nenos e nenas, firmou exemplares do seu libro.