VISITA DE PABLO VARELA E RAFA MARTÍN



O noso proxecto "Coas mans o teu sorriso" levounos a colaborar nunha campaña solidaria na que recolleremos material  escolar para un orfanato na República Democrática do Congo (RD Congo).

Pablo Varela e Rafa Martín son membros de Cooperación Internacional ONG. Eles van viaxar este verán ao orfanato Kimbondo, que forma parte do Complexo Pediátrico Maman Nkoko, situado ás aforas de Kinshasa. 

O ano pasado iniciouse alí unha escola de fútbol limpo e de rubby, utilizada coma ferramenta educativa para rescatar aos nenos da rúa.
Este curso haberá ademais obradoiros educativos e de ocio para os que nós intentaremos conseguir o máximo posible de material escolar.

Pablo e Rafa reuníronse, en varias quendas, cos tódolos nenos nenas do colexio, desde infantil ata 6º de primaria e contáronlles moitísimas cousas sobre África, sobre a RD Congo e sobre o orfanato Kimbondo. 

Están a 7.000 Km de distancia aproximadamente, en plena selva, nun dos países máis pobres do mundo. Con sorte van dous ou tres anos ao colexio, pero moitos teñen que traballar sendo pequenos e outros teñen que vivir sós sen familia que os coide.... Triste realidade para nenos e nenas da misma idade que o noso alumnado!

Visibilizar estas situacións e comprometernos a facer o que estea nas nosas mans para diminuir as desigualdades no mundo é un dos obxectivos do noso PDI.

Despois de escoitar a Pablo e a Rafa empezamos  a nosa propia campaña. En tódalas aulas estanse facendo carteis para anunciar a recollida de materiais. Os carteis serán repartidos proximamente por toda a cidade de Tui.

ESPERAMOS A COLABORACIÓN E A XENEROSIDADE DOS NOSOS VECIÑOS/AS!


Iremos contando novidades pouco a pouco.
MOITAS GRAZAS A PABLO E A RAFA POLA SÚA VISITA.