INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA
Menuda sorpresa levaron os nenos e nenas ao ver a Lúa, agora dedícase á pintura!... recibiunos moi contenta, bailando xunto ao Profe Ramiro que cantaba coa guitarra...
... Lúa díxolles que a biblioteca xa está aberta, que xa poden pedir libros para ler, ademáis poden ir na hora do recreo. Na biblioteca viron diferentes videos:
- Un co conto do Punto que nos ensina que hai moitas formas de crear.
- E outro cunha canción sobre a pintura e o mundo das cores.
Tamén contou que este ano o proxecto de colexio está dedicado á pintura. Despois deu aos nenos e nenas as Mochilas Viaxeiras e un Sobre Amarelo, qué será? . . .
Lúa invitou a todos os nenos e nenas a unha gran festa da pintura o venres 6 de outubro, na que haberá moitos obradoiros e rematará con carreiras nas que poderán participar todos os alumnos e alumnas e tamén os pais, as nais e o profesorado.