ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI

Este curso os nenos e nenas de 6ºC foron os encargados de facer o primeiro programa de animación á lectura para a Radio Municipal de Tui. 

Escolleron o libro “RECENDOS DE AIRE SONORO” de Antonio García Teijeiro. Está ilustrado por Fino Lorenzo e publicado por Edicións Xerais.
  
O libro une as dúas paixóns do seu autor: a poesía e a música.

Instrumentos musicais como o violín, a viola, a trompeta, a frauta, o óboe, a gaita, a guitarra ou o piano teñen unha presenza importante nos diferentes poemas. Así mesmo, pódese sentir a homenaxe que se fai, entre outros, a músicos tan coñecidos como Joan Manuel Serrat, Bob Dylan ou Beethoven.

É, polo tanto, un libro moi a ter en conta para os/as que queiran desfrutar da música a través da poesía.