Hoxe visitáronnos de novo Pablo Varela e Rafa Martín, membros da ONG Cooperación Internacional. Viñeron a darnos contas de como empregaron o material escolar que recollimos no mes de xuño para a RD do Congo e que eles levaron ao orfanato Kimbondo.
Pablo estivo alí o mes de agosto pero Rafa quedouse e acaba de regresar hai dous días para pasar o Nadal, aínda que volverá ata o mes de maio.
Todo este tempo estiveron traballando cos nenos e nenas do orfanato, que, a pesar de que a súa vida é moi difícil, teñen moitas ganas de aprender, coma calquera neno/a, e lle regalan a quen os axuda, moitos sorrisos.

Estamos contentos de que o noso esforzo contribuíse a facer máis felices a nenos e nenas que non coñecemos pero que sentimos moi cerca.
Nesta imaxes vemos como fan traballos usando os materiais que lles mandamos.
Grazas, Pablo e Rafa, polo voso traballo e por vir a contalo.