DIA DA MULLER 2018

Este 8 de marzo celebramos desde a biblioteca o Día Internacional da Muller 2018. 

Podedes vir á Biblioteca para celebrar este importante día! Velaí dous exemplos de libros que compilan as vidas de grandes mulleres.





No libro “As mozas son guerreiras”, reúnense as vidas alucinantes de 26 superguerreiras. Algunhas son moi famosas e outras non tiveron a mesma sorte, pero todas elas fixeron cousas incríbles polas que merecen estar no Olimpo dos Deuses. Que debería ser tamén o Olimpo das Deusas, así que vaian facendo sitio, que as mozas guerreiras viñeron para quedarse!


Quen dixo que as mozas non eran de ciencias?As mozas son de Ciencias” é outro título que da 25 exemplos de supercientíficas que demostran que as mozas e os laboratorios son unha boa combinación.
Sabes cantos descubrimentos científicos debemos ás mulleres? Aínda que nos libros de historia pareza que as ciencias son cousa de homes, diso nada: desde Agnodice, a primeira médica coñecida da historia, ata Rosalind Franklin, a química que descubriu a estrutura do ADN, pasando por VeraRubin, a astrónoma que viu o que ninguén vía, as mulleres foron pioneras en ciencias desde o inicio dos tempos.