MUSEO SOLIDARIO

Nestas últimas semanas do curso, o colexio converteuse nun museo.


Foi un museo que tiña unha finalidade solidaria: axudar aos afectados pola explosión de Paramos.

Nel estaban expostas as obras que o alumnado foi realizando mentres desenvolvía o proxecto da "PINTURA".

Había salas con pintura rupestre, exipcia, romana, impresionismo, arte abstracto, pintores/as galegos/as ou pintura relacionada coas emocións.




En cada sala un grupo de nenos e nenas explicou aos compañeiros/as dos outros niveis as características do que traballara o seu curso.



As familias tamén puideron visitar o museo e reservar as obras que máis lles gustaron, a cambio dun donativo voluntario. O recaudado será entregado aos afectados/as da explosión de Paramos.