O xoves, Lúa, xa na biblioteca, recibiu en quendas aos diferentes grupos de primaria, acompañada do profe Ramiro. Na súa maleta traía obxectos de varios países: do Reino Unido, de Irlanda, de Portugal, de Italia e tamén de Torrevieja...
Contoulles ás nenas e aos nenos que este verán viaxou moito por Europa para coñecer outros colexios e poñerse de acordo para traballar todos nun mesmo proxecto.
"Promovendo un estilo de vida saudable e feliz"
Así se chama o proxecto no que participaremos seis colexios:
-Christian Brothers 'Primary School Armagh (Reino Unido)
-Instituto Comprensivo Varese 2 (Italia)
-Colegio Público Infantil y Primaria Nº9, Las Culturas
(España)
-Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Irlanda)
-Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz
(Portugal)
-CEIP Plurilingüe Nª2 de Tui (España)
É un proxecto
que está financiado pola Unión Europea.
Lúa puxo un vídeo explicando que fixo ela no verán para conseguir levar unha vida máis saudable e tamén proxectou imaxes dos colexios cos que imos colaborar. Está moi ilusionada e espera que todas e todos a axudemos.
Tamén entregou as mochilas viaxeiras...
... e unha invitación para participar nunha xornada na que haberá moitos obradoiros onde poderemos aprender moitas cousas para levar unha vida máis saudable.