PROMOVENDO UN ESTILO DE VIDA SAUDABLE E FELIZ

Durante toda a xornada desenvolvéronse cinco talleres polos que foi pasando todo o alumnado.

Houbo...

-Taller de ecoloxía e sementes.
-Taller de nutrición e hábitos saudables.
-Taller de actividade física e alimentación adecuada.
-Taller de saúde bucodental, control postural, mindfullness...
-Taller de reciclaxe.

Os talleres foron impartidos por especialistas en cada tema: horticultores, deportistas, cociñeiros, nutricionistas, dentistas, fisioterapeutas...

Os nenos e as nenas participaron nunha gran variedade de actividades que supuxeron unha primeira toma de contacto co estilo de vida que pretendemos potenciar co noso proxecto ERASMUS+.