DÍA UNIVERSAL DA iNFANCIA

O 20 de novembro é o día destinado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas "a fomentar a fraternidade entre os nenos e nenas do mundo e promover o seu benestar". Queren recordarnos a todos e a todas que "os/as nenos/as son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo".

Desde a biblioteca enfocaremos esta celebración arredor da figura de Malala Yousafzai, unha rapaza que é referente na defensa dos dereitos dos nenos e nenas a unha educación en igualdade.



Traballaremos cos libros "Querida Malala" 

e "Malala, por el derecho de las niñas a la educación"...




... e con este vídeo sobre súa vida.




Como actividade final elaboraremos entre todos/as un gran cartel colaborativo. Cada clase decorará de forma libre unha parte e cando estean listas xuntarémolas todas formando a figura de Malala.


Tamén podedes utilizar os vídeos que publicamos noutras ocasións sobre ...