TRABALLO COLABORATIVO

Baseado no debuxo da deseñadora gráfica Bianca Nazari, en "Actiludis" atopamos un mural cunha frase de Malala, que, dividido en partes, propuxemos realizar aos nenos e ás nenas, no Día Universal da Infancia. 

Cada clase utilizou a técnica que quixo no anaco que lle tocou, sen saber como o farían as outras clases. O resultado foi espectacular e decora un dos corredores principais  do colexio



Agora tódolos nenos e nenas poden contemplalo na súa totalidade e reflexionar sobre o que di.


MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!