XUNTANZA ERASMUS+ EN IRLANDA DO NORTE


Durante a última semana de xaneiro, Adrián, o coordinador da nosa biblioteca, acompañado do "profe" Ramiro e da "profe" Sara representaron ao noso colexio...









... nun “Evento Conxunto de Formación do Profesorado”, que se celebrou no Colexio Christian Brothers Primary School de Armagh, en Irlanda do Norte.






Dito evento está incluído dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o noso centro “Promovendo estilos de vida felices e saudables”.





Tódolos docentes participantes neste evento pertenecen ás escolas asociadas no proxecto:
· Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador.
· Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia).
· CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).
· Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda)  
· Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal).


O traballo desenvolvido nas diferentes xuntanzas foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto a nivel persoal coma profesional, comentaron os nosos compañeiros á volta da viaxe.
A próxima xuntanza será en Varese (Italia ) no mes de xuño. Mentres tanto seguiremos traballando conxuntamente, cada quen desde o seu país, para promover estilos de vida máis saudables.