Do buzón do colexio, recollemos tódalas cartas que os nenos e nenas de tódolos niveis escribiron para Malala. Foron moitísimas e todas elas preciosas.
Agora xa están depositadas nun buzón de Correos para que empecen a súa viaxe ata Washington, onde está a sede da Fundación Malala.
No sobre, ademais das cartas dos nenos e nenas, engadimos unha da biblioteca explicándolle en que consistiu a actividade e unha fotografía do mural colectivo.
Encantaríanos que nos contestase.