O escritor
Xavier Estévez reuniuse cos nenos e nenas de sexto de Primaria para falar do
seu libro "Kibuko", editado por Obradoiro-Santillana, e que estiveron a ler nas aulas.
Os
protagonistas da historia son:
-Sara, unha nena que atopa na praia una caixa
cunha vella máquina de fotos e unha invitación para un misterioso xogo.
-Kibuko, un monstro que ten un plan para salvar o seu mundo máxico.
Xavier contou
que parte do libro está escrito aquí, en Tui, pois adoita visitarnos de cando en
vez e aproveita o seu paso pola nosa cidade para escribir mentres toma algo
nalgunha cafetería.
O autor tamén
confesou que mesturar historias e plantexar retos gústalle moito, para que os
lectores teñan que pensar un pouco e rematen sorprendéndose.
Despois de
contestar moitas preguntas, asinou os libros e deixou unha dedicatoria para Lúa
e a biblioteca.