VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Paco Nogueiras visitou a nosa biblioteca e alí reuniuse cos nenos e nenas de Infantil.
Viña cunha maleta chea de contos, entre os que traía o seu último libro álbum, titulado "Radio Bulebule".
Tamén contou a historia dunha ratiña moi presumida e a dun elefante moi especial chamado Elmer.
E coma a Paco lle gusta moito a música trouxo o seu acordeón... que todos e todas escoitaron con moita atención e acompañaron cantando e tocando as palmas.