Os nenos e as nenas de 5º recibiron a visita de Marica Campo, a autora do libro que leron nas súas aulas este curso, titulado "Unha misión para Clara".
"Clara é unha nena de dez anos criada no amor e respecto á Natureza, que quere ser exploradora e visitar a selva amazónica. Non terá que ir tan lonxe porque coa chegada de Nimo, un estraño personaxe, terá unha misión que cumprir".
Tamén estivo respondendo moitas preguntas que os nenos e
nenas lle fixeron sobre o libro descubrindo o comprometidos/as que están coa
defensa do medio ambiente en xeral e dos bosques galegos en particular.