O día 3 de decembro celebrouse o Día
Internacional das Persoas con Discapacidade, data elixida para sensibilizar a
poboación sobre cuestiones relacionadas coa diversidade funcional.
Este curso traballamos este tema recordando
que na nosa biblioteca estamos incluidos/as todos e todas porque todos e todas
lemos e podemos encontrar libros adecuados para nós mesmos e tamén para coñecer
mellor as diferenzas que tanto nos enriquecen.
Nenos e nenas de diferentes clases colaboraron deixando a silueta da súa man preparada para coller un libro.