CULTIVANDO A PAZ

Tomando como referencia o noso proxecto de vida saudable, 
tódalas clases do colexio a través de diferentes actividades 
traballaron "cultivando a Paz".



E de forma simbólica medrou na parede un mural en forma de gran árbore. 

En cada rama contén un enxerto que cada aula aportou debuxando un neno ou unha nena e unha froita con palabras como empatía, amor, unidade, solidaridade, respecto, tolerancia, esperanza, cariño, xustiza, amistade .... 

Así converteuse nunha ÁRBORE DA PAZ á que non lle faltará ningún dos nutrientes necesarios para dar froitos que faciliten a convivencia de todas e todos.