Recibimos a visita do escritor Rafael Ordóñez, que se reuniu co alumnado de 3º, 4º e 6º de Primaria.
Rafael Ordóñez é autor de libros como "El tesoro del dragón", "Bichos raros" o "Al desierto por un pez", que foron lidos polo noso alumnado durante este trimestre.
As nenas e os nenos desfrutaron escoitándoo falar e, por suposto, respondendo a tódalas preguntas que lle quixeron facer.
Pero ademais Rafael é un gran contacontos e fixo participar na representación das súas historias a varios nenos e nenas, creando con eles momentos moi divertidos.
Ao final, firmou exemplares dos seus libros aos seus entusiasmados lectores, e tamén para a nosa biblioteca.