Este ano temos que celebrar o Día do Libro na casa, pero non importa porque os libros seguen estando moi preto de nós, acompañándonos..., informándonos..., ou deixando que a nosa imaxinación siga viaxando sen límites.
Unhas veces pasamos as páxinas lentamente, coma saboreando... e outras... a toda velocidade, desexando saber o que vai pasar.
Noutras ocasións alguén nos relata as historias... coma neste conto que vos invitamos a escoitar.
Esta é a colaboración da nosa biblioteca na undécima edición do TUI LE, unha actividade organizada polas bibliotecas escolares e a biblioteca municipal, que xunta a todos os colexios e institutos do noso concello tódolos anos.
Nesta ocasión reunímonos virtualmente para compartir anaquiños do noso amor pola lectura. Na páxina web do Concello poderemos ver as aportacións dos outros centros.
Tamén queremos compartir con toda a nosa comunidade educativa estas divertidas actividades do CEIP Rosa Luxemburgo de Parla, para xogar en familia arredor dos contos.
E non deixedes de escoitar esta historia sobre o coronavirus contada a partires das portadas de moitos libros infantiles.