O 15 de maio é o "Día Internacional da Familia", proclamado pola Asamblea Nacional das Nacións Unidas en 1.993.
O tipo de familia no que os nenos e as nenas medran marca en gran medida a forma na que eles e elas se comportan na sociedade.
Este ano a raíz da pandemia actual a familia cobra unha maior importancia pois vense obrigadas a protexer a tódolos seus membros, a coidar dos seus fillos/as que non poden ir á escola e, ao mesmo tempo, continuar coas súas responsabilidades laborais.
Desde o colexio, con este vídeo realizado polas profesoras de Infantil, queremos homenaxear a todas as nosas familias.