Empezamos un novo curso e teremos que levar posta unha máscara para protexernos os uns aos outros. Pero sabemos poñela para que resulte efectiva?
Aquí vos deixo un conto que ensina como levala colocada de forma correcta.
Despois podemos iniciar un debate onde cada quen poderá expresar as súas opinións, as súas emocións, os seus sentimentos... Como nos sentimos coa máscara posta? Que nos pode pasar se facemos un mal uso da máscara? Que lle pode pasar aos demais?...