O 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas.
A edición deste ano ten como lema " Bibliotecas, sempre ao teu carón".
Nestes momentos tan difíciles para todos e todas, recordamos que abibliotecas escolar segue estando ao noso lado, coas portas abertas de par en par, ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento.
Queremos, ademais, aproveitar esta ocasión para poñer en valor o traballo das bibliotecas dos hospitais, que tamén están ao carón das persoas que teñen problemas de saúde e necesitan quedar ingresadas por un tempo.