Durante este curso retomamos unha actividade que funciona moi ben: aparecen de novo as madriñas e padriños lectores!!!
Alumnos e alumnas de primaria leen contos a outros grupos, normalmente os máis maoires a compañeiros e compañeiras máis pequenos. Esta interesante iniciativa é positiva para todo el alumnado xa que mellora a expresión oral e a comprensión lectora, contribúe a mellorar a entoación e o ritmo nas lecturas. Por outro lado, favorece o desenvolvemento das relacións interpersoais e permite que nenos e nenas de diferentes idades se acheguen, mellorando a motivación e o pracer de compartir a lectura. Os máis cativos disfrutan moito ao ver a compañeiros e compañeiras maiores léndolles contos, mellora a escoita activa, a atención, a creatividade e a imaxinación.