3 DE DECEMBRO "DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE"
Hoxe día 3 de decembro lembramos a beleza da diversidade no mundo grazas a Iria, unha mamá do cole intérprete de Lingua de Signos Española, que ensinou aos nenos e nenas de 2º de Educación Primaria a signar unas cantas palabras e ademais tres cancións preciosas. Quedáronnos ganas de máis! Esperamos repetir pronto! Grazas Iria!