ANIMACIÓN Á LECTURA
Hoxe tivemos a oportunidade de ver, unha vez máis, a Paco Nogueiras. Acompañado coa súa maleta , cargadiña de libros interesantes, fixo soar os seus instrumentos e logrou animarnos a cantar historias que saían de contos moi variados. E que...os libros poden ser asombrosos, con personaxes moi diferentes e cheos de aventuras que espertan a nosa imaxinación. Xa sabedes, NON DEIXEDES DE LER.