APERTURA DA BIBLIOTECA

    Hoxe, 29 DE SETEMBRO, abriuse a BIBLIO do noso cole. Foron días de moita actividade para o noso equipo: formación de voluntarios de 6º de EP, preparación de cartelera, visita ás aulas co reparto de horarios...

Cada curso foi pasando pola Biblio para recordar normas, facer os primeiros empréstitos ou realizar leturas en sala. Tamén puideron descubrir datos interesantes sobre o proxecto de centro deste curso resolvendo as preguntas que tiñamos agochadas nunha caixa sorpresa.

                          

ATENTOS! Aquí tedes o momento de apertura.