DÍA DA PAZ

 CANTAS COUSIÑAS INTERESANTES FIXEMOS ESTA SEMANA NO NOSO COLE!!


    Cada curso foi pasando nas súas horas correspondentes pola Biblioteca para facer un Obradoiro de Lingua Galega, no que nenos e nenas podían escribir palabras e mensaxes de PAZ, CUMPRIDOS para compañeir@s. Xuntos fomos creando uns carteis para formar un gran mural que luce no noso corredor e que non só nos ten que guiar no DÍA DA PAZ, senón que teñen que ser pensamentos que nos acompañen por sempre rapaces.



  

CANTAS PALABRAS BONITAS, SEMPRE NOS ABRAIADES
 COAS COUSAS QUE FACEDES 


    Neste paso pola Bilio Tui2, deixamos libros interesanes nos estantes para ollar, ler, contar. 





    E... hoxe 30 de xaneiro,DÍA DA PAZ,  tivemos dous momentos moi fermosos.

Na HORA DE LER, padriños e madriñas reuníronse cos seus afillad@s para lerlles contos e  disfrutar dos libros da nosa Biblioteca. Que bonito ver como os nosos pequen@s se transforman en seres moi grandes e especiais que coidan e acompañan a compañeir@s nun momentiño de lectura. Ademáis, sorprenderon con títeres que fixeron que as lecturas cobraran vida e mesmo, algúns agasalláronse con debuxos ou marcapáxinas. BRAVO!



 Despois reunímonos todos para cantar a canción, HAI UN AMIGO EN MIN, cunhas pequenas adaptacións que algúns profes fixeron para poder cantala en varios idiomas.