TEATRO DE TÍTERES

 

    Este venres, na nosa Biblioteca, creouse un ambiente máxico cunha actividade moi especial. 

 

    Os nenos de 5º de Educación Primaria enteráronse de que os pequenos de 3 anos centraron o seu traballo do PROXECTO de TEATRO no conto dos TRES PORQUIÑOS e...como todos estamos interesados e vinculados con este tema, animáronse a preparar unha narración do conto acompañada con títeres. 

Foi estupendo velos en acción, modulando a voz, facendo aparecer os títeres que eles mesmos crearon na súa clase de ARTS. Os pequerrechos disfrutaron moitísimo dese momento. 

Despois do teatro de títeres maiores e pequenos colaboraron nun obradoiro para crear máscaras de porquiño. Con estas máscaras os nenos de 3 anos xogarán a ser personaxes deste conto, disfrazándose e contando esta historia co seu propio estilo.