Os nosos nenos e nenas de 4 anos teñen entre máns un proxecto ben curioso sobre "os caracois". Xa levan uns meses investigando, traendo datos curiosos coa colaboración das familias, leron contos de caracois para aprender máis deste animaliño, cantaron cancións e...moitas moitas outras actividades.
Vinculado ao Día da poesía estes nenos e nenas animáronse a facer unha creación maravillosa, a súa versión do poema "El caracol Herido, de Gloria Fuertes. Debuxaron, escribiron e puxeron voz aos versos de Gloria Fuertes para elaborar un poema ilustrado e recitado por si mesmos.