Durante esta semana, no noso colexio celebrouse o Día de Rosalía de Castro cunha chea de actividades.Na nosa Biblioteca , creamos un mural xigante de Rosalía de Castro, adornado con flores e frases das súas poesías. Agora o mural loce no corredor principal. Algúns nenos e nenas traballaron poesías de Rosalía de Castro e crearon marcadores de páxinas con citas das súas obras. Por outra parte, a canción "Rosalía Pequeñina" estivo soando nalgunhas aulas para homenaxear á nosa poeta galega.
Foi unha semana moi especial para lembrar a vida e a obra de Rosalía de Castro, e para celebrar a súa contribución á literatura galega.