SEMANA DA PRENSA

 


Durante a segunda semana de marzo o centro celebrou de maneira conxunta o 8M e a Semana da Prensa.


    Na entrada da Biblioteca preparamos un recanto con libros, revistas, periódicos para achegar ao alumnado ao mundo da prensa ao tempo que se reflexionou sobre o papel das mulleres na sociedade e no xornalismo.


   


    Os distintos cursos foron disfrutando da súa hora semanal na Biblio para ollar todo este material, para investigar, para descubrir, para reflexionar.





Algúns nenos e nenas,

animados cos libros expostos,

decantáronse por investigar un

pouco máis sobre mulleres que

inspiran.












    Os máis pequenos do noso cole disfrutan da sua HORA DE LER cunha proposta moi divertida. Ademáis de descubrir este recanto de libros, de revistas, de periódicos gozaron dunha sesión de estacións de aprendizaxe na Biblio.




Aquí os tedes, circulando polas diferentes estacións 

con catro actividades para desenvolver diferentes competencias.