DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL DE 2026

Nesta semana, o Colexio Número 2 volveu vivir unha desas xornadas que fan da nosa biblioteca un espazo vivo e compartido. Unha vez máis, unímonos para gozar dunha das actividades máis agardadas por todos:  ler en compañía.


Aproveitando a chegada dos primeiros días primaverais, decidimos sacar os libros fóra da biblioteca e trasladar a maxia da lectura ao aire libre. O noso patio encheuse de historias, imaxinación e, sobre todo, de moita complicidade entre os diferentes niveis educativos.


Como xa vén sendo tradición no noso centro, o alumnado de cursos superiores exerceu de madriñas e padriños de lectura dos máis pequenos e pequenas. Foron os propios maiores os que visitaron a nosa biblioteca para seleccionar con moito coidado os contos que logo lles lerían aos seus afillados e afilladas, buscando historias que puidesen espertar a súa curiosidade e ilusión.


Foi unha experiencia fantástica ver como o colexio se une a través das palabras, creando vínculos entre nenos e nenas de diferentes idades mentres gozaban dun bo libro baixo o sol.


   


Grazas a todas as madriñas e padriños
 por facer da lectura un agasallo!