AS MOCHILAS VIAXAN DE NOVO

Este fin de  semana empezan de novo o seu percorrido as mochilas viaxeiras (xa é o 6º ano).

Outra vez os nosos libros saen da Biblioteca para convivir coas familias durante sete días.

Este curso levaranas tódolos  nenos e nenas do segundo e do terceiro ciclo.

Pedimos a colaboración de todos e todas nesta actividade e así seguro que os cadernos viaxeiros volverán ao colexio con moito que contar.

Boa viaxe!