Mostrando entradas con la etiqueta NOTICIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOTICIAS. Mostrar todas las entradas

Representando á nosa escola

 O pasado venres día 18 de novembro unha alumna e un alumno de 6º de Primaria, foron a voz da nosa escola no Concello de Tui, aportando unha mensaxe clara e concisa, NON É NON, nun pleno escolar que tiña como finalidade aportar a voz do futuro de Tui sobre Violencia de Xénero. 


O Concello de Tui, agasallou aos participantes dun libro para a nosa biblioteca, para formar a persoas diversas, sen prexuizos.






Grazas

    Dende a Biblio2 e o CEIP N°2 queremos dar as grazas a todas esas familias que donaron libros para que todos os cativos e castivas poidan gozar de novas aventuras.

GRACIÑAS 

#somoscomunidade


Presentamos a Naturizo






Aquí vos deixamos a páxina web con recursos e materiais sobre Naturizo 

Web de naturizo


Esta é a canción de Naturizo e conta cunha versión con pictogramas 












E ademais temos un conto narrado por Sabela Gago sobre o noso querido Naturizo.


Agardamos que o gocedes!!





Inauguración do Proxecto 2022/2023

 

Benvidos nenas e nenos do CEIP Nº2


Estamos encantados de presentar o proxecto de centro que englobara o traballo de todos nós.

 

    Durante este ano, as actividades de centro irán encaminadas a contribuir á axenda 2030, preocupada por contribuir por un mundo mellor. 

 

    A sostenibilidade é cousa de todos polo tanto alumnos e alumnas como profesores e comunidade educativa, debemos contribuir a esta causa.

 

Neste link podedes consultar o acordo da Asamblea de Nacións Unidas en canto a sostebilidade.

Asamblea de ONU


Para presentar o proyecto o próximo día 24 de outubro tamén coincidindo co Día das bibliotecas realizaremos diferentes talleres no noso centro educativo. 

 

Os talleres iranse rotando e todos os nenos e nenas participarán nesta aposta do centro educativo.










Contaremos con talleres na horta, no salón de actos, nas zonas comúns de infantil, na aula de plástica, na aula de inglés e na biblioteca.


Ollo rapaces!!!! Na biblioteca agárdavos unha gran sorpresa. Unha nova personaxe da liga extraordinaria chegou para comezar con nós o proxecto de centro.
Pronto a coñeceredes!



Así foi a nosa inaguración

 

A inauguración foi un gran éxito. Participaron todos os nenos e nenas do cole, descubrindo cada recuncho da nosa biblioteca, os novos xogos, os novos libros.... Contamos coa axuda das nenas e nenos de 6º de primaria como colaboradores, contacontos, árbitros de xogos... Unha marabilla!

Invitámosvos a seguir as actividades da biblio!












Visita de Lúa

 O martes 3 de Maio tivemos a visita sorpresa da nosa mascota da biblioteca Lúa, veunos dar a noticia de que despois de anos de traballo e de visitar moitos países grazas ó erasmus…. Xubílase! 


Son moitos anos e Lúa merécese un bo descanso, ademáis ten moitas ganas de seguir percorrendo o mundo así que desexarlle moita sorte.

Pero... non nos deixa sos. A partir de agora 

A Liga das Personaxes Extraordinarias 

axudarannos a seguir mergullándonos no mundo da lectura.












Inaguramos a biblio!

Este será a organización para a inauguración da biblioteca. Agardamos que o desfrutedes!









 

Chegaron xogos novos

 


Xa chegaron xogos novos, que permitirán dinamizar a biblioteca coma un espazo de lecer!

Anímate a participar!






Aprendemos a catalogar con Koha

 


Coas reformas da biblioteca, fixemos un gran expurgo e actualizamos moitos dos títulos da nosa biblioteca.

Ademais, aprendemos a catalogar co novo sistema Koha que facilitará o funcionamento da rede de bibliotecas escolares de Galicia.


Seguimos traballando por converter a biblioteca nun espazo atractivo e divertido.






Reformas na biblio


Cada día está máis preto a reapertura da nosa biblioteca.




Novos espazos, novos recursos, novos libros, novo sistema de catalogación....
 
Pronto coñeceredes todo, seguimos traballando.

Comezan as entrevistas

 

Foron moitos os que enviaron o seu currículo. 

Comezan as entrevistas, nas que compartiremos gustos literarios, inquedanzas... 

Buscamos a colaboradores responsables e que desfruten da lectura. 

E ti, anímaste? Cantos máis mellor!




Melloras na biblio


 

NOVO CURSO 2021-2022


 

CONCURSO DE MICRORRELATOS

María Cabaleiro Alfaya, exalumna do noso colexio, acadou o terceiro premio na categoría de adultos do IV Concurso de Microrrelatos da Real Academia Galega (RAG) e PuntoGal. O seu relato foi seleccionado entre case 800 textos presentados.

Podedes lelo premendo na imaxe:


 E os demais relatos premiados, en tódalas categorías, están AQUÍ.

 

CARTA DE LÚA

 


Premede enriba da imaxe que está debaixo 

e atoparedes actividades de mindfulness para vós.



AS NENAS E OS NENOS DE 1º VISITAN A BIBLIOTECA

Tal coma lles pediu Lúa, gardando tódalas normas, as nenas e os nenos das dúas clases de primeiro de primaria acudiron á biblioteca. Alí hai moitos libros interesantes e divertidos que se poden levar para as aulas ou para a casa. 

Lúa está encantada de prestalos e espera a vosa visita tódalas semanas.