A CEBRA CAMILA

Os nenos e nenas de Infantil teñen nas súas aulas varias maletas viaxeiras que están cheas de sorpresas en forma de conto. Hoxe na clase de 4 anos descubriron na súa maleta a historia da cebra Camila e queren compartila con todos nós.
“A cebra Camila”, é un libro escrito por Marisa Núñez con ilustracións de Óscar Villán, publicado pola editorial Kalandraka.  
Trata dunha cebra á que o vento arrinca as raias e que para recuperalas ten que ir pedindo favores aos animais que vai atopando polo camino.
E éstes son algúns dos seus traballos...