Pronto celebraremos, coincidindo co aniversario da morte de Ghandi,
O DÍA MUNDIAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
.
É un bo momemto para recordar a toda a comunidade educativa
estas palabras do propio Ghandi.
" Non hai formulas máxicas para chegar á paz, pero hai que vivir nunha loita continua pola paz, que é inseparable da xusticia. Hai que empezar a camiñar. Empecemos por pequenos pasos: unha reconciliación, un perdón, unha cercanía cariñosa, un servicio delicado, unha palabra e un diálogo, unha denuncia limpia, unha loita valente. Máis vale un xesto pacífico que moitos discursos sobre a paz. Un xesto cada día ata que remate o ano. O camino da paz é un camino que nunca remata. Pero cos teus xestos haberá máis paz no mundo.”
E agora déixovos un vídeo onde podedes ver que fácil é ter un xesto cos demais. Só hai que observar .... Ao noso carón temos continuamente oportunidades para ser solidario/a, ... para ter xestos de PAZ.