OS NENOS E NENAS DE 6ºC QUEREN COMPARTIR CON TODOS NÓS ESTE TEXTO QUE PREPARARON PARA O PROGRAMA DE RADIO QUE SE EMITIRÁ O DÍA DA PAZ
Bos días a todos e a todas, hoxe estamos con vós os nenos e nenas de 6º C para contarvos porque o día 30 deste mes celebramos o día da paz.
No ano 1964, o educador e poeta mallorquín Llorenc Vidal organizaba unhas xornadas sobre a convivencia cuxo obxectivo era sementar ideais e reclamar unha educación independente para a paz e a non violencia.
Hoxe, aquela pequena iniciativa converteuse nunha das datas máis sentidas do calendario escolar e para darlle maior importancia a esta data, celébrase cada 30 de xaneiro, aniversario da morte de Mahatma Gandhi, modelo da resistencia pacífica e da non violencia.
Pero... Quen era Mahatma Gandhi?
Foi un líder da India que loitou pacificamente pola independencia do seu país; a pesares da violencia exercida contra él e contra os seus seguidores, sempre defendeu a resistencia pacífica.
Estivo no cárcere moitas veces por defender os dereitos do seu pobo, pero él seguía coa súa loita pacífica.
Gandhi foi asasinado por un extremista do seu propio pobo, iso aínda estendeu mellor a esteira de Gandhi por todo o mundo.
FRASES QUE DIXO GANDHI
"Non hai camiños para a paz; a paz é o único camiño".
"A Verdade é un obxectivo, o Amor o medio para chegar a ela".
"A regra de ouro da conduta humana é a mutua tolerancia, posto que nunca compartiremos todos as mesmas ideas".
"Non debemos perder a fe na humanidade que é como o océano: non se ensucia porque algunhas das súas gotas estean sucias"
"Ollo por ollo e todo o mundo acabará cego"
"Se queres cambiar o mundo, cámbiate a ti mesmo."
Algunhas persoas e acontecementos ensínannos a vivir en paz cada día.
Moitas persoas, cerca de nós, traballan pola paz aínda que non nos demos conta.
Esa persoa que nos saúda todas as mañás, ese avó que xoga cos seus netos, ese veciño tan amable que nos dá os bos días, esas persoas que nos preparan a comida, que nos ensinaron a vestirnos...
Tamén o escritor que escribe contos infantís, ese debuxante que nos fai felices cos seus debuxos animados, ou os que coidan a cidade para que estea máis bonita.
Hai tantas persoas que traballan pola paz!
Para todas elas van esas mensaxes que nós escribimos nas botellas do noso río e que lles entregaremos de todo corazón.
NENOS E NENAS DE 6º C
Podedes escoitar o programa enteiro na páxiña web do noso colexio
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/node/340
Podedes escoitar o programa enteiro na páxiña web do noso colexio
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/node/340