ABRIMOS DE NOVO

Como todos e todas sabedes, un grupo de profesoras estivemos traballando moitísimo na biblioteca intentando lograr un espazo máis acolledor, máis luminoso e mellor organizado, para que sexa máis fácil atopar toda a información que precisedes para facer os vosos traballos ou para buscar os libros que vos gusta ler no tempo libre.
Así podedes ver moitos CAMBIOS NO MOBILIARIO, que agora separa mellor as diferentes zonas e facilita a busca de calquer material.
Fáltanos aínda poñer un gran cartel que estamos preparando coas cores da CDU (catalogación decimal universal), unha catalogación que usan a maioría das bibliotecas, onde aparece o xeito en que se distribuen por categorías os diferentes materiais.
Pero en cada andel, para axudarvos, aparecen rótulos con esas mesmas cores e o nome do tema co que están relacionados os libros, ademais dun pequeno debuxo representativo de cada tema.

Estas son as cores e os números da CDU:

0. ENCICLOPEDIAS E DICIONARIOS (cor marrón)
1. FILOSOFÍA E PSICOLOXÍA (cor azul clara)
2. RELIXIÓNS (cor vermella)
3. CIENCIAS SOCIAIS (cor laranxa)
4. Baleiro (cor negra)
5. MATEMÁTICAS E CIENCIAS NATURAIS (cor verde)
6. CIENCIAS APLICADAS (cor azul escura)
7. ARTE, MÚSICA E DEPORTES (cor rosa)
8. LITERATURA (cor amarelo).
   Inclúense aquí: N- narrativa, BD- banda deseñada, P- poesía, T- teatro
9. XEOGRAFÍA E HISTORIA (cor branca)

Os materiais están marcados con gomets de cores, según sexa a idade para a que están recomendados:
Azul: Prelectores
Vermello: Primeiros Lectores
Verde: Lectores Autónomos
Amarelo: Lectores Expertos


O profesorado vaivos informar a cada grupo máis detalladamente, e de forma máis específica, según o curso no que estedes.

LÚA ESPERA A VOSA VISITA 

A Biblioteca volve a estar aberta pola mañá (cada curso ten unha hora asignada), durante os recreos (coa axuda dos nenos e nenas de 6º) e pola tarde (para toda a comunidade educativa).