DÍA DA MULLER. WEBQUEST


Esta Webquest é para Infantil e Primeiro ciclo de Primaria e parte do conto "Rosa Caramelo" de Adela Turín. As actividades recordan que é necesario comezar unha educación non sexista desde os primeiros anos de vida analizando de que maneira se adquiren os roles e os estereotipos de xénero, así como o papel que para a infancia xogan as persoas adultas como modelos na adquisición dos mesmos.