DÍA DA MULLER


O Día Internacional da Muller reivindica e recoñece os dereitos das mulleres traballadoras, a partir dun feito tráxico que custou a vida de máis de 100 obreiras dunha fábrica, un 8 de marzo a principios do século pasado. Hoxe en día moitas mulleres traballan fóra da casa, en calquera tipo de profesión, pero aínda seguen sendo as principais traballadoras nas tarefas da casa.