O noso colexio leva varios anos colaborando coa organización da “Campaña Mundial pola Educación”.
Hoxe volvemos a facer unha actividade conxunta na que tamén participan nenos e nenas da Escola de Primaria de Valença (Portugal).
Este curso o lema da Campaña Mundial é: “ Con dereitos dende o Principio: por unha educación de calidade dende os primeiros anos ”.
As actividades organizáronse por talleres e un deles desenvolveuse na Biblioteca. Era un taller de busca de información sobre a educación en diferentes partes do mundo.
Facer participar aos nosos alumnos/as en actividades deste tipo, posibilitan que tomen conciencia da importancia da Educación para todos os nenos/as do mundo, do esforzo propio e da necesidade de ser solidario/a cos que non teñen tanta sorte coma eles.
Preme na imaxe e entrarás na WEB do SAME e coñecerás algunhas das súas propostas para a campaña deste ano.