Os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria estiveron recortando e pegando
fotos de portadas de libros que lles gustan
e con elas fixeron unha enorme letra
T.
Esta letra formará parte dunha gran pancarta na que están colaborando tódolos colexios e institutos de Tui e que será exposta o "día do libro" expresando o noso amor hacia as bibliotecas.
No segundo e terceiro ciclo estiveron investigando sobre o que din os escritores sobre os libros ou a lectura e estas son algunhas das frases que atoparon nunha clase de quinto. Despois en cada aula van seleccionar entre as súas unha que escribirán sobre un cartel que levará un neno ou nena de cada clase o "día do libro", a modo de "neno/nena anuncio" cando se dirixan a facer o intercambio de libros que temos previsto facer xunto cos demais centros de ensino do noso concello.