Os días 2, 3 e 4 de abril organizouse no colexio unha interesantísima actividade relacionada cos deportes nos que a nosa localidade destaca por contar con practicantes de altísimo nivel (temos campións de España, de Europa e ata do mundo!!!).
Case todos eses deportes están vinculados dalgunha maneira á auga e por iso nos interesaba tanto, pois todo o colexio está traballando arredor do río, tema do noso Proxecto Arce.
Coa axuda destes grandes deportistas tódolos nenos e nenas do colexio, en varias quendas coñeceron as características principais de cada deporte, a roupa que hai que usar, os materiais que se necesitan, e o que hai que facer para converterse nun gran campión ou campiona.
Foron unhas “clases” cheas de valores que estes deportistas de elite conseguiron transmitir ao noso alumnado: esforzo, constancia, dedicación, traballo … , pero todos e todas coincidiron en que a pesar de ter que entrenar moito non se pode deixar de estudar.
Parte destas actividades tiveron lugar na Biblioteca.