A CASA DA MOSCA CHOSCA

As nenas e  nenos  de catro anos atoparon o conto “ A CASA DA MOSCA CHOSCA” na súa maleta viaxeira e lérono coa súa profesora.
Esta adaptación a partir dun conto popular ruso conta como unha mosca chosca farta de zoar dun sitio para outro decidiu construír unha casa. Unha vez rematada, para inaugurala preparou unha torta de amora e colocou sete banquetas e sete pratos. Como o recendo da torta se espallou polo bosque, axiña lle petaron na porta, atraídos por el, un escaravello, un morcego , un sapo, unha moucha, unha raposa  e un lobicán pillabán. Pero cando todos crían que podían comezar a merendar sen interrupcións, apareceu o oso larpeiro, disposto a papar o pastel.
Nunha das clases  de catro anos decidiron facer unha representación da historia.
Primeiro buscaron material para facer os personaxes, logo elaboráronos, puxéronlle o nome e ensaiaron moito para poder representalo ante todos o seus compañeiros e compañeiras de Infantil no salón de actos do colexio.




ESTUPENDO O TRABALLO DESTES  PEQUENOS ARTISTAS. 
NORABOA E... ATA O PRÓXIMO CONTO.