DESPEDIDA EN RADIO TUI

Do último programa de animación á lectura deste curso encargarase o Ceip de Pazos de Reis, promotor desta interesantísima experiencia na que tivemos a sorte de participar. Fai uns días pedíronnos aos catro colexios que colaboramos con eles unha pequena intervención a modo de despedida. E esta é a nosa, que deixaron gravada, un grupo de nenos e nenas de sexto (representando a todos os seus compañeiros/as) antes de marchar para Huelva.

   
Coma sempre o programa enteiro poderedes escoitalo na Radio Municipal de Tui.