Na novena edición do Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil que convoca o Programa "Prensa-Escuela" de "La Voz de Galicia", acadou o terceiro premio na súa categoría unha alumna de quinto do noso colexio: Claudia Valenzuela Rodríguez.
Claudia redactou a súa noticia escribindo sobre unha nena que foi operada cando aínda estaba no ventre da súa nai e ilustrouna cun excelente debuxo. Noraboa, Claudia!
Máis información sobre os premiados no Suplemento do xornal de hoxe.