BOA VIAXE!


Hoxe os nenos e nenas de sexto viñeron ao colexio moi cedo, moito antes que calquera outro día. Pero a ningún lle custou erguerse... en realidade estaban desexando chegar. Por fin era o día en que poderían coñecer aos nenos e nenas dos colexios de Huelva, Madrid e Toledo que colaboran connosco nun proxecto ARCE. Teñen que facer unha viaxe longa porque o encontro vai ser en Huelva, pero sóbralles ilusión e gañas de facer amigos. Con eles van os seus titores e dous membros do equipo da nosa Biblioteca (Bea e Mari Carmen). Desexámoslle a todos unha boa viaxe e que a experiencia sexa moi proveitosa.